Malpica e as súas asociacións preparan 10 días de Entroido de época
00:29 05/02/23
Ademais da Mikaela de Buño con Lito da Panorama, a programación de “Entroido Malpica 2023” vén cargada con 10 días de actividades, en colaboración entre o Concello e as Asociacións.
11 FEBREIRO
- En Malpica- Representación do espectáculo CUBO da compañía Elefante Elegante, ás 20.30, no Auditorio do Centro Cívico Xénero: Infantil | Público recomendado familiar a partir de 5 anos | Duración: 45 minutos
16 FEBREIRO | Xoves de entroido
- En Malpica Representación do espectáculo Entroidanzas da compañía Pesdelán. Espectáculo para alumnado do CEIP Milladoiro, ás 12.00, no Auditorio do Centro Cívico. Organizo: CEIP Milladoiro
17 FEBREIRO | Venres de entroido
- En Malpica - Pasarruas do CEIP Milladoiro, a partir das 11.00 Organiza: CEIP Milladoiro
- En Buño - Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00 Organiza CEIP JRO BUÑO
- Concurso de disfraces sobre rodas con animación infantil e merenda, das 18.00 as 20.30, no Pavillón Polideportivo de Malpica.
- Desfile ás 19.00: Obrigado participar sobre rodas (calquera tipo de rodas). Organiza: Club Patín Velúa e Concello de Malpica de Bergantiños.
18 FEBREIRO | Sábado de entroido
- En Cerqueda Festa infantil, das 11.00 as 13.30, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas.
- En Malpica a partir das 13.00 horas, sesión vermú con Judith Cundíns, cocido de entroido e percorrido musical con DJ Roy e DJ Grobas. Organiza: AC Malante e ACD Mallas de Area
19 FEBREIRO | Domingo de entroido
- En Malpica actuación da Charanga NBA polas rúas da vila, a partir das 17.00 horas desfile de disfraces infantil que percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano. Organiza: AC Malante (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo de Malpica)
- Encontro de comparsas e disfraces de entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30horas. Entrega de premios a partir das 19.00 horas na rúa Eduardo Vila Fano. (en caso de choiva trasladarase ao pavillón Polideportivo Municipal)
- Concurso de piñatas do entroido, na rúa Eduardo Vila Fano, a partir das 17.30. Entrega de premios ás 19.00 (en caso de choiva trasladarase ó Pavillón Polideportivo Municipal) Colaboran AC Malante e Club Patín Velúa Premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica
20 - 21 - 22 FEBREIRO
- En Seaia Xornadas de Entroido, das 9.00 ás 14.00, na Casa da Cultura de Seaia. Para rapazada a partir de 4 anos. Inscricións: 657 919 272. Prezo: Socias/os 30,00€ | Non socias/os 40,00€ Organiza ACD Carcaxía
20 FEBREIRO | Luns de entroido
- En Buño Festa de disfraces infantil con inchables e merenda das 17.00 ás 20.00 no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
21 FEBREIRO | Martes de entroido
- En Malpica festa de disfraces infantil con inchables (rapazas/ces ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00 Colabora: ANPA Ventorrillo
25 FEBREIRO | Sábado de piñata
- En Buño Sesión vermú da Mikaela no campo da Festa das 13.00 ás 15.00 horas. Ás 16.00 saída da Mikaela de Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. A partir das 18.00, Misa Cantada por Lito da Panorama, no cruce de Xornes. Paradas na igrexa de Buño, no Empalme e remate no Campo da Festa coa queima da Mikaela e verbena con La Cuarentena e DJ's. Organiza: Asociación de Amijos da Mikaela
26 FEBREIRO | Domingo de piñata
- En Cerqueda Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda, a partir das 15.30 horas. Organiza: AC Raigañas
- En Vilanova Festa de disfraces infantil e degustación de doces do Entroido, a partir das 16.30, no Centro Sociocultural de Beo. Colabora: AVCS O Brizo
- En Malpica Actuación da Charanga DGT polas rúas de Seaia e Malpica a partir das 16.30horas Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila ata o porto. Organiza: Redeiras Mar da illa
- En Seaia Enterro do Farruco, que sairá do Restaurante O Esqueiro a partir das 16.30 para percorrer os rúas da vila. Organiza ACD San Xulián
Novas relacionadas
- Laxe: O Caietano volve ser protagonista do LaxEntroido.
- Cabana: Cabana busca ao seu Meco
- Buño: Lito da Panorama dará a misa da Mikalea-.
- Carnota: Un entroido de Batukada e festa das cores en Carnota.
- Zas: O entroido de Zas chega con música, desfiles, actividades infantís,... e o tradicional concurso.
- Ponteceso: Ponteceso declara o seu amor ao Entroido.
- A Milagrosa (Carballo): A Milagrosa fai renacer ao Chorón talado o ano pasado polo Entroido.
- Laracha: Un gran Martes de Entroido na Laracha.
- Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.