A Milagrosa fai renacer ao Chorón talado o ano pasado polo Entroido
O entroido é retranca en estado puro. É por iso que a Comisión de Festas da Milagrosa prepara unha festa ben simpática para estas datas. A historia parte do ano pasado, cando o cura do Barrio cortou un chorón, unha árbore moi simbólica que había no adro da capela da Milagrosa. Unha boa parte dxs veciñxs non estaban dacordo e agora queren aproveitar o Entroido para facer unha parodia con tema.
Así, e en paralelo ao Entroido municipal carballés, o barrio prepara para o sábado 18 o Re-Nacemento do Chorón, que consistirá cunha procesión do chorón por diversas rúas do barrio. A comitiva partirá ás 18:00h da Corredoira da Asturiana (na Rúa José Mª Castroviejo), paseando un chorón cativo polas rúas do barrio e despois a Súa Santidade procederá a RE-Plantalo nunha zona axardinada que está preto da capilla.
Pero antes, na carpa climatizada ubicada no lugar, xa ás 13:30h, comeza a troula coa sesión vermú a cargo dos laxenses O Tren da Unha. Ás 16:00h xa hai disco móbil, e á volta da procesión, ás 22:00h, dúo e disco.
Novas deste Entroido
- Laracha: Un gran Martes de Entroido na Laracha.
- Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.