Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un entroido de Batukada e festa das cores en Carnota

Entroido Carnota 2023
Un entroido de Batukada e festa das cores en Carnota

O Departamento de Cultura de Carnota prepara unha completa programación para este Entroido 2023.

O venres 17 de febreiro, ás 21.00h, o Salón de actos do Concello de Carnota recibe o monólogo de Quico Cadaval, “Fantasmas familiares”, para público adolescente e adulto. Entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.

Carnota recupera a Batukada coa Asociación Cultural O Patín, que percorrerá durante todoo o sábado 18 de febreiro, as rúas do Pindo (a partir das 12:30h) para ir pouco a pouco visitando todas as parroquias, ata acabar arredor das 19.00 h en Carnota, para unirse á Festa de Entroido.

Á Festa Holi, na Praza de San Gregorio (se chove no pavillón), na que todo o mundo se ten que disfrazar de branco (temática eivisenca), coa idea de que as roupas queden cheas de cores ao final da tarde. Cómpre levar traerán unha botella de auga de 5 litros ou un bote de pintura baldeiro. Será unha festa rachada para bailar ao son da música e lanzar pigmentos de cores para celebrar o entroido.
A partir das 19:30h haberá o concurso de Comparsas e Entroidos grupais, Pecharase cun paseo en familia ó redor do Concello moi especial e divertido, con lanzamento de foguete incluído. Na festa haberá churros e un posto doce a prol da ANPA do CEIP de Carnota.

O mesmo sábado pola tarde,  no Pindo, haberá un desfile da comparsa “Os tunos” e de entroidos libres dende as 17.00 h polas rúas da parroquia, organizado pola ACDR Pedramar.
A partir das 21.00 h, festa rachada no local social do Porto con DJ e lacoada. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 699 171 088.

Máis citas para os peques

Xa o luns 20 de febreiro, ás 11.30 h, no salón de actos do Concello, sesión de contacontos musicado de Teatro Calavera, con “Animaladas na selva”, para público familiar a partir dos 3 anos. A actriz Marián Rei interpreta nesta ocasión á científica Jeanne Baret, a primeira muller que lle deu a volta ao mundo.

Mentres, o martes 21 de febreiro, de 11.30 h a 13.30h, no pavillón de Lamas de Castelo: Xogos deportivos 3x3 con Fernando. A rapazada de 6 a 16 anos debe presentarse en equipos de 3 para formar os xogos.

E finalmente o mércores 22 de febreiro, ás 11.30 h, no pavillón de Carnota, obradoiro de maquillaxe; ás 12:45h, Concurso de disfraces individuais para as crianzas.

O xoves 23 retomaranse todas as actividades das Escolas municipais nos horarios habituais.

Novas deste Entroido

Máis novas

Comentarios