O Caietano volve ser o protagonista do Entroido de Laxe

Inventado hai uns 15 anos por Xabier García, a figura do Caietano segue sendo fundamental para entender o Entroido de Laxe neste século. O seu enterro é o momento máis especial do LaxEntroido, e se desenvolverá o domingo 26, co seu tradicional velorio e misa cómica na praza dos Voluntarios ás 18:30 horas. Posteriormente celebrarase o desfile de despedida animado por ‘Latexo Percusión’, que finalizará na praza de Ramón Juega para dar paso á queima pirotécnica do Caietano. Ademais, no propio lugar haberá unha gran festa coa actuación de DJ Rokiño.
Pero tamén o domingo 19 arrincara o Entroido co desfile e concurso de disfraces. A programación para este día inclúe pasarrúas a cargo da banda de gaitas Maruxía, de 12:00 a 14:00 horas; o desfile de Entroidos e Comparsas ás 17:30 horas, que será inaugurado por D. Caietano e que ademais estará amenizado polos bonecos de ‘Fanfarria Brassica Rapa’; e unha gran festa no polideportivo municipal a partir das 18:30 horas con inchables, bailes, animación, chocolate e filloas de balde grazas á colaboración da Asociación Amas de Casa de Laxe.
AS CRÓNICAS DO CAIETANO
- 2020: Unha viaxe polos Enterros de Entroido de Bergantiños.
- 2019: O alzamento e a caída do Caietano de Laxe
- 2015: O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe
- 2011: A historia do Caietano.
NOVAS DESTE ENTROIDO
- Cabana: Cabana busca ao seu Meco
- Buño: Lito da Panorama dará a misa da Mikalea-.
- Carnota: Un entroido de Batukada e festa das cores en Carnota.
- Zas: O entroido de Zas chega con música, desfiles, actividades infantís,... e o tradicional concurso.
- Ponteceso: Ponteceso declara o seu amor ao Entroido.
- A Milagrosa (Carballo): A Milagrosa fai renacer ao Chorón talado o ano pasado polo Entroido.
- Laracha: Un gran Martes de Entroido na Laracha.
- Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.