A rapazada de Mazaricos celebra o seu Festival de Entroido o sábado 18 de febreiro

07:34 06/02/23
O Recinto Feiral da Picota acolle o sábado 18 de febreiro, a partir das 17h, un Festival de Entroido ao que están convidados todos os nenos e nenas mazaricáns. Dentro da programación do festival está prevista a celebración dun Concurso de Disfraces con fantásticos premios.
O Festival incluirá xogos e actividades para a rapazada, como inchables e piñata. Tamén se levará a cabo un obradoiro para aprender a confeccionar máscaras de entroido. Ademais, a organización ofrecerá chocolate e doces típicos do Entroido como orellas ou filloas.
Esa mesma tarde terá lugar ás 16h o II Torneo de Billarda de Entroido de Mazaricos, orientado a todas as idades. A inscrición pode facerse por whatsapp no 680 600 806 indicando a idade da persoa participante.
Máis entroidos
- Malpica: Malpica e as súas asociacións preparan 10 días de Entroido de época.
- Laxe: O Caietano volve ser protagonista do LaxEntroido.
- Cabana: Cabana busca ao seu Meco
- Carnota: Un entroido de Batukada e festa das cores en Carnota.
- Zas: O entroido de Zas chega con música, desfiles, actividades infantís,... e o tradicional concurso.
- Ponteceso: Ponteceso declara o seu amor ao Entroido.
- A Milagrosa (Carballo): A Milagrosa fai renacer ao Chorón talado o ano pasado polo Entroido.
- Laracha: Un gran Martes de Entroido na Laracha.
- Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.