O entroido de Zas chega con música, desfiles, actividades infantís,... e o tradicional concurso
- Na procura do gran Zaschoqueiro
O sábado, a partir das 17:30 horas, a Praza Jorge Mira acolle un Desfile de entroido polas rúas de Baio con animación musical a cargo do colectivo “Máis Cantos”. De contado, ás 18:30 horas, Espectáculo de música e danza “Trad Cabaré de Entroido”, festa musical e inchables.
O domingo de entroido arrinca xa ás 12:00 horas, e celébrase ademais o día de Baio, así que as rúas da vila estarán animadas polo grupo “Bulideiras” que nos traerán unha música moi típica destas datas.
Para o luns, o Centro Sociocultural de Zas acolle ás 12:00h unha sesión de Animación infantil “Os nosos instrumentos: barullo” con Nelson Quinteiro.
E a gran cita será o Martes, a partir das 16:30h, coa gran Festa de entroido no pavillón municipal de Zas; con inchables, filloas á pedra e o espectáculo musical de clown “Backstage”. Culminará ás 19:00h co Concurso de disfraces no pavillón municipal de Zas presentado por Adela Bértolo, de “Vaia troula!”, no que se repartirán 1.750€ en premios. O máis destacado, o premio “Zaschoqueiro”.
O mesmo martes pola mañá, ás 12:00h, o Centro Soiocultural de Baio recibe a obra de Animación infantil “Sombras chinescas de entroido” con Olga de Abad.
Novas deste Entroido
- Ponteceso: Ponteceso declara o seu amor ao Entroido.
- A Milagrosa (Carballo): A Milagrosa fai renacer ao Chorón talado o ano pasado polo Entroido.
- Laracha: Un gran Martes de Entroido na Laracha.
- Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.