Santa Comba ponse a correr solidariamente por Entroido
- A tarde do domingo será espectacular no Recinto Feiral

07:21 08/02/23
Este Entroido Santa Comba ten 3 citas principais. O venres 17 arrinca o entroido co Desfile escolar polas rúas da vila, a partir das 10:30h coa rapazada dos CEIP Barrié de la Maza, CEIP Pepe Xan Baña e o CEP Nosa Señora Inmaculada.
O sábado, ademais dun obradoiro pintacaras ás 11:00h no Campo da Feira, terá lugar a partir das 11:30h a gran Carrreira Solidaria de Entroido, unha divertidade carreira de 3k, para a que xa vos podedes inscribir en www.emesports.com:
E a gran cita darase o domingo 19 no Recinto Feiral. Dende as 16:00h e coa música de DJ Rokiño, festaza para toda a familia, con showcooking, circo, futbolín humano, tiro con arco, inchables… e concurso de disraces con 1.500 euros en premios, para os que xa te podes inscribir aquí.
Máis entroidos
- Mazaricos: A rapazada de Mazaricos celebra o seu Festival de Entroido o sábado 18 de febreiro
- Malpica: Malpica e as súas asociacións preparan 10 días de Entroido de época.
- Laxe: O Caietano volve ser protagonista do LaxEntroido.
- Cabana: Cabana busca ao seu Meco
- Buño: Lito da Panorama dará a misa da Mikalea.
- Carnota: Un entroido de Batukada e festa das cores en Carnota.
- Zas: O entroido de Zas chega con música, desfiles, actividades infantís,... e o tradicional concurso.
- Ponteceso: Ponteceso declara o seu amor ao Entroido.
- A Milagrosa (Carballo): A Milagrosa fai renacer ao Chorón talado o ano pasado polo Entroido.
- Laracha: Un gran Martes de Entroido na Laracha.
- Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
- Carballo: O certame de Entroido de Carballo volve repartindo 8.000 euros en premios.
- Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
- Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
- Santa Comba: O domingo de Entroido, a Santa Comba.
- Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
- Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.