Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A Galería Eirín cumple 3 anos estreando exposición con Peter Kramer, Manuel Facal e Josecho Gonzalez

Particulas a exposicion da Galeria Eirin de Carballo
Así é "Partículas", a nova exposición da Galería Manolo Eirín
A Galería Eirín cumple 3 anos estreando exposición con Peter Kramer, Manuel Facal e Josecho Gonzalez

Este sábado 24 de abril volve a arte a Carballo a través da nova exposición da Galería Manolo Eirín. Co gallo do seu terceiro aniversario, a galería carballesa presenta “Partículas”, “unha exposición ecléctica na que se mostra o traballo de tres artistas afines a esta galería, que empregando diferentes técnicas e materiais expresan unha visión particular mostrando obras moi atípicas”.

Os autores protagonistas son Manuel Facal (Carballo, 1943), Peter Kramer (Dinamarca 1959) e Josecho Gonzales (Carballo 1969), que parten da “orixe de pequenas formas xeométricas para dar forma a unha obra conxunta pero que en si mesma cada parte ten a súa propia relevancia”.

”Partículas representa a forma diminuta máis gráfica dun punto que no seu conxunto consegue dar estrutura armoniosa a unha obra pictórica, que na súa totalidade consegue unificar e dar sentido á demostración. Nesta mostra participan tres autores de diferentes procesos creativos dos cales utilizaron diferentes elementos, tales como cordas, óleo, fío de algodón, cartón, papel, lenzo, madeira e levados a cabo en diferentes épocas ou periodos que abarcan desde o ano 1972 ata o 2021”, explica o promotor.

Galeria Manolo Eirin de Carballo

Novas relacionadas

Comentarios