Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Gustav aterra en Carballo

Relato para un incendio por aAntena 1
Gustav aterra en Carballo

Este pasado día 6 estivo na Escola do Alpendre, cun espléndido éxito. E este xoves 14 encherá ás 20:30h o Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. Falamos da obra “A Ollada de Gustav”. Desenvolta pola compañía Aantena recolle a historia do antropologo danés Gustav Henningsen, que durante os anos 60 estivo investigando arredor dos últimos vestixios da bruxería en Galicia

Co gallo do seu pasamento a compañía costeiradesenvolve unha programación de actividades pola comarca incluindo Vieiros de Etnomedicina (con Maria Moure) , Obradoiros de Regueifa (con Lupe Blanco) e representacións do espectáculo “Relato para un incendio”.

Neste caso, será o espectáculo, en clave de teatro documento, o que expoña con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva. Un espectáculo no que un elenco composto por tres intérpretes : Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez , baixo a dirección de Xosé Leis e a producción de Bernardino Martínez, compoñen á vista da audiencia unha viaxe por eses tres eixos dos dous intelectuais daneses e a chamada “Pirómana de Cerceda”.

Máis novas

Comentarios