Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O humor máis disidente da rede española, no Carballo Interplay

Carballo INterplay humor 2021
O humor máis disidente da rede española, no Carballo Interplay

Seguimos debullando o completísimo programa do festival de contidos dixitais máis importante da península. E un dos principais atractivos desta 8ª edición do Carballlo Interplay, que se celebra entre 8 e o 11 de setembro, será o humor. O humor máis activista e disidente, que será protagonista coa chegada de iniciativas que protestan en clave de mellorar o respecto á problemática da saúde mental, na loita contra o machismo ou polos dereitos do colectivo LGTBI.

Unha das citas imprescindibles será show único que ofrecerán tres das cómicas máis relevantes do panorama estatal actual -Henar Álvarez, Carolina Iglesias e Victoria Martín- o venres 10 ás 22h no Pazo da Cultura de Carballo. A guionista, cómica e comunicadora galega Carolina Iglesias (Oleiros, 1993) é unha vella coñecida do festival. Volve ao Interplay para "rajar" sobre o divino e sobre o humano coa súa compañeira e socia, a xornalista, guionista e colaboradora de televisión e radio Victoria Martín de la Cova (Madrid, 1989), despois de gañar o Premio a Mellor Serie con Válidas a pasada edición.
Con elas estará Henar Álvarez (Madrid, 1984), que actualmente presenta Buenismo bien (Cadena Ser).

Xusto antes, ese mesmo vernes, David Pareja e Lorena Iglesias ofrecerán a súa particular visión da Pochosfera, un completo repaso polos momentos penosos da internet.

O sábado 11 o humor chegará da man de Esnórquel e Perra de Satán co seu podcast ¿Puedo hablar! falando de absolutamente todo o que non se soe dicir. Ademais, Esnórquel será o invitado a facer o Código Fonte Audiovisual, ese repaso polos vídeos que marcaron a súa adolescencia.

O Carballo Interplay falará sobre Activismo na rede con Pol Andiñach (Vilassar de Mar, 1991), coordinador do colectivo de xornalistas Cuellilargo e autor do libro Todo el mundo puede ser antifa. Manual práctico para destruir el fascismo (2021); con Laura Tabarés (León, 1991), membro do colectivo de produción cultural especializado en virtualidade e programas educativos con perspectiva feminista Ontologías Feministas;

E, sen perder de vista o papel do humor no activismo e na disidencia, o festival conversará de Humor, precariedade xeracional e ilustración coa viñetista, cómica e creativa Anastasia Bengoechea (Barcelona, 1982), Monstruo Espagueti; coa ilustradora e humorista Violeta Navas Ortega (Granada, 1994), La Prados; e coa viñetista Roberta Vázquez (Santiago de Compostela,1989), autora do cómico ¡Socorro! coa editorial Apa Apa.

Novas relacionadas

Comentarios