Martes. 01.12.2020
El tiempo

Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"

Antia Suárez Carballo
Antia Suárez Carballo
Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"


O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay celebra esta semana os seus sete anos de vida cunha nova edición. Este ano, dada a complicada situación que atravesamos, o festival desenvolverase de forma online na súa totalidade. Nesta nova edición, que comeza este mércores 18 de novembro e remata o sábado 21, as mellores webseries competirán entre sí para  intentar facerse con algún dos premios que outorgorá o xurado.

Neste atópanse nomes tan coñecidos como Fernanda Tabarés, Brays Efe ou Alfonso Zarauza. Na modalidade Xurado Novo destacan os carballeses Laura Méndez, Antía Suárez e Jaime Regueiro. Hoxe falamos con Antía, unha das carballesas integrantes xurado, para coñecer un pouco máis sobre as súa profesión, as suas inquedanzas e o significado que ten para a comarca o Carballo Interplay.

    •    Cando e como comeza a túa carreira no mundo do audiovisual?

A miña carreira empezou cando no 2006, pola miña comunión, me regalaron unha cámara fotográfica. Dende ese momento, a miña cámara acompañábame a todos os lados e decido que de maior quero abrir a miña tenda de fotografía e adicarme de cheo a iso. Sen embargo cando me matriculei para facer Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, na Escola de Imaxe e Son da Coruña, abriúseme un mundo novo, atopei algo que me gustaba máis que a fotografía, a profesión de script. Despois, cando decidín facer outro ciclo e me matriculei en Produción, tamén me din de conta que iso me gustaba moitisimo, así que agora intento tirar por algun deses ámbitos. 


    •    Se tiveses que explicarlle a un usuario medio en que consiste a túa profesión como o farías?

De momento non sabería explicar moi ben a miña profesión, porque aínda non tiven a oportunidade de meterme de cheo en produción e script sen ir máis aló das practicas ou voluntariados. Digamos que a script é a que controla que non haxa fallos de racord/ continuidade entre os distintos planos.


    •    Que implica para Antía a fotografía?

Pois outra forma de ver o mundo, de captar a beleza das persoas. Sempre me gustou máis a fotografía de retrato, e gústame a confianza que se vai xerando entre fotógrafa e fotografiado, como a medida que avanza a sesión se vai pillando máis confianza.


    •    Cales dirías que son as túas inquedanzas actualmente? Tes en mente algún proxecto?

O que máis me preocupa actualmente é si nun futuro próximo vou poder vivir da miña pasión, do mundo audivisual.

    •    Algunha vez formaras parte dalgún xurado como o Carballo Interplay? Que supón para ti esta oportunidade?

Non, si fun voluntaria en outro tipo de festivais, pero nunca tivera a oportunidade de ser xurado. E esta oportunidade agradézoa moito, xa que me abre portas e así podo coñecer a máis persoas que se dedican a este mundo e a experiencia que se gaña tamén vale de moito.


        6. Que significado ten o Carballo Interplay para a comarca?

A cultura que promove é moi importante, provoca que veñan persoas de todas partes, que nos enriquezamos con proxectos da actualidade e tamén visibiliza o traballo da xeración máis nova. 
Antia Suarez Carballo Interplay

  • Frase ou filosofía de vida que compartes: Que pase o que teñan que pasar (aínda que despois me coma a cabeza). 
  • Comida á que non lle dis que non: a tarta de mazá que fai miña nai.
  • Cantante ou grupo que non te cansarías de escoitar: Halestorm ou In this moment
  • Ídolo/referente: pois case me atrevería a decir que calquera muller empoderada, que deixara marca con algunha acción.

Novas relacionadas

 


 

comentarios