Luns. 06.05.2024
El tiempo

Ibuprofeno Teatro trae este venres 'Deadpan Karaoke' en Carballo

Deadpan-karaoke-Ibuprofeno-teatro
Ibuprofeno Teatro trae este venres 'Deadpan Karaoke' en Carballo

Ibuprofeno Teatro leva a Carballo a súa última montaxe, Deadpan Karaoke. É a primeira vez que a compañía traballa cunha directora convidada. Patricia Rodríguez, que desenvolve a súa carreira entre Asturias e Londres asina a dirección deste espectáculo interpretado por Marián Bañobre, no que a actriz explora os límites do humor nunha proposta multidisciplinar dirixida a público adulto. A función terá lugar o venres 23 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura.

Este é o décimo espectáculo da compañía despois da estrea en 2022 de Smoke on the water (Premio María Casares ao Mellor Actor para Josito Porto e ao Mellor Espazo Sonoro para Mon Orencio).

Deadpan Karaoke é unha viaxe a través do humor, da música e do cine para tratar de pescudar se hai lugar para o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos. A través do personaxe de Deadpan, que non pode sentir nin expresar emoción, Marián Bañobre preséntanos cuestións que ocupan aos filósofos e sociólogos contemporáneos. A proposta ten unha clara ambición plástica e coloca ao espectador nun karaoke que transita do real ao onírico, do cine á vida
a través da música e da sorpresa. Un espectáculo participativo para deixarse levar, para atreverse e para cuestionarse.

Comentarios