Sábado. 08.08.2020
El tiempo

Un incendio urbano calcina unha vivenda deshabitada en Rus

Un incendio urbano calcina unha vivenda deshabitada en Rus

Os Bombeiros de Carballo tiveron que acodir a pasada mañá de mércores, arredor das 10:00 ao lugar de Arganosa, en Rus, Carballo, para sufocar un incendio urbano. Unha vivenda deshabitada estaba ardendo por completo. Os Bombeiros desplegaron o seu arsenal e conseguir apagar o lume pero só se salvou unha construción anexa á vivenda, porque tanto a vivenda principal (de pedra e madeira) coma os galpóns e a chatarra exterior quedaron totalmente inservibles.

Por fortuna non houbo danos persoais, se ben a chatarra, as bombonas de gas, extintores, neumáticos, electrodomésticos e outros 3 vehículos destartalados que haía na contorna tamén prenderon.

Ademais dos Bombeiros, que empregaron 17.000 litros de auga, e necesitaron 5 equipos de respiración autónoma, tamén acodiron os axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

comentarios