Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Licitan a obra de remodelación da ponte da rúa Sol no marco do Plan contra as inundacións de Carballo

Ponte sobre o Anllons na rua Sol de Carballo
Zona sobre o Anllóns na rúa Sol onde se vai actuar
Licitan a obra de remodelación da ponte da rúa Sol no marco do Plan contra as inundacións de Carballo

Continúa dando pequenos avances o Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo. Un Plan de 6,3 millóns de euros que arrincaba en 2017, pero non era ata finais de 2020 cando comezaba a convertirse en realidade, e que ao longo do pasado ano vivía as súas primeiras obras.

Hoxe, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de anunciar a licitación por 1.594.905 euros a obra de remodelación da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol, no concello de Carballo, para reducir o risco de inundacións do río Anllóns.
As obras, que precisaron da expropiación e demolición dun edificio, precisarán o derrubamento de tres treitos de escaleiras, unha obra de fábrica pola marxe dereita do río e a habilitación dunha senda coa extensión de 600 m2 de pavimento.
Nas obras licitadas hoxe inclúese, ademais, a demolición e construción dunha nova ponte, que terá un único van para mellorar a circulación da auga en caso de crecida.
A intervención comprende, finalmente, a instalación dunha pantalla lateral de contención e a habilitación de dúas pasarelas de acceso ao paseo fluvial para dotar de acceso á senda.

As empresas teñen ata o 12 de maio para presentar as súas ofertas para unhas obras que contarán cun prazo de execución de 8 meses.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios