Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os maiores das parroquias de Carballo aprenden a usar o móbil

cursos_mobiles Carballo
Os maiores das parroquias de Carballo aprenden a usar o móbil

Que alegrías pode dar o whastapp a unha avoa!! Aprender a ter unha videoconferencia cos netos, que están ao outro lado do mundo, pode ser unha inxección de alegría que ralentiza o envellecemento. De aí a importancia destes cursos para aprender a usar os teléfonos móbiles que se organizan en Concellos como Santa Comba ou Carballo.

Despois da excelente aceptación que tiveron o ano pasado, cun total de 280 participantes da práctica totalidade das parroquias, e da demanda que segue existindo, o Concello de Carballo pon en marcha unha segunda edición dos cursos para aprender a usar os teléfonos móbiles, para os que contamos de novo coa colaboración da Asemblea Local da Cruz Vermella.

O prazo de inscrición está aberto ata fin de mes nos centros sociais das parroquias, na Casa do Concello e na sede da Cruz Vermella.

Comentarios