Venres. 19.04.2024
El tiempo

Medio millar de niños de velutina eliminados no que vai de ano en Carballo

O servizo municipal de control de pragas retirou en setembro 150 niños de avespa velutina, un 70% máis que o no pasado.
Imaxe dun niño de velutina-Foto-Juanma Trillo
Medio millar de niños de velutina eliminados no que vai de ano en Carballo

O pasado 2018 foron 647 os niños de avespa asiática retirados polo servizo municipal de control de pragas do concello de Carballo. Unha cifra á que se achegan neste 2019, con máis 500 retirados ata este mes, e tendo en conta que, coa experiencia dos anos anteriores, o mes de outubro é o de máis traballo dá.

Chama a atención que este setembro o servizo retirou 150 niños de velutina, case un 70% máis que no mesmo mes do ano pasado.

Ningunha parroquia se libra da invasión, aínda que no mes de setembro as máis afectadas foron Sofán, con 23 niños, e Bértoa e Rus, con 21 cada unha.

Instrucións

Dende o servizo municipal queren aproveitar para dar instrucións. As persoas que localicen un niño poden chamar ao 012 ou ao 112, desde onde darán aviso ao servizo municipal de control de pragas. Insisten en extremar as precaucións para evitar picaduras, xa que o mes pasado tiveron constancia de que 5 persoas resultaron picadas. Por iso:

  • 1.- Antes de empezar a traballar, realiza un recoñecemento da parcela para comprobar que non existen niños. É frecuente que aparezan entre as silveiras.
  • 2.- Se atopas un niño de velutina non te achegues nin lle toques, porque se sentirán atacadas. Chama ao 012 ou ao 112 para que acudamos a retiralo.
  • 3.- No caso dun ataque fuxe o máis rápido posible e intenta refuxiarte nalgún lugar pechado coma o coche, protexe a cara e a parte de atrás do pescozo (teñen tendencia a picar nesa parte do corpo) e non fagas movementos bruscos. Se a atacada é outra persoa non te achegues, chama rapidamente ao 112. E se es alérxico procura levar sempre contigo a medicación precisa.

Novas relacionadas

Comentarios