Luns. 29.04.2024
El tiempo

Nazaret Franco estrea no Garabato a súa “primeira declaración”

Nazaret Franco pintando un mural
Nazaret Franco estrea no Garabato a súa “primeira declaración”

Nazaret Franco é unha Ilustradora e Muralista carballesa, que está a piques de rematar o Doble Grado en Arquitetura e Deseño Integral na URJC en Madrid. Actualmente está facendo as súas prácticas no estudo de arquitetura vi17 en Carballo. Ten participado en proxectos como o carballés Derrubando Muros con Pintura 2021 ou no CI Urban Fest 2023 (Xetafe).

Nazaret Franco-Muralista Carballo

E este domingo 25 de febreiro, estréase en interiores, coa súa primeira exposición individual. O Estudo Garabato, sito na Rúa Santa María, 3, da capital bergantiñá, acollerá ás 13:30h a inauguración da mostra "A primeira declaracion”.

”É tpda unha manifestación de intenciones, onde a artista fai un repaso da todolos seus traballos artisticos, que enfrenta por primigenio cara ao público”, explica o responsable da galería Mon Lendoiro. “Pezas que amosan e trasmiten a súa evolución como ilustradora ou muralista. Creacións que pisan por primeira vez un espacio expositivo, onde a forma, a cor e os seus formatos son toda unha verdadeira declaración de intención artísticas”.

Trátase de obras diferentes, tanto de datas como de técnica: óleo, lápis, tinta china… Predominan os retratos e os paisaxes.

Máis novas

Comentarios