Nova saída micolóxica en Carballo
Co outono chegan esas saídas micolóxicas que tanto nos prestan na comarca. A carón das Xornadas da A.C. Lumieira, o Concello de Carballo tamén lanza o seu “Carballo micolóxico”.
Será unha saída o 15 de outubro, en autobús, dende o Centro social Escola de Arrabaldes, no barrio da Milagrosa. Xa pola tarde, e despois dun par de horas para xantar por libre, a xuntanza será ás 16.00 horas na Escola de Arrabaldes para a clasificación dos cogomelos recollidos e a posta en común da actividade.
Ás 17.30 celebrarán unha actividade novidosa, que consistirá nun obradoiro de cultivo de setas en madeira. Ao remate, sobre as 19.00 horas, haberá unha pequena degustación gastronómica de cogomelos que porá o punto final á xornada.
Xa podes inscribirte neste formulario.