luns. 02.12.2024
El tiempo

Nova sesión formativa sobre márketin dixital no Coworking Carballo

carballo_coworking_curso_maio2021
Nova sesión formativa sobre márketin dixital no Coworking Carballo

Continúa xerando sinerxias e posibilidades o centro de Coworking Carballo. Un espazo para emprendedor@s que buscan poñer en marcha novos proxectos, no que poderás compartir experiencias, crear sinerxias con outros proxectos. Pero tamén poderás aprender das sesións formativas artelladas, como a que se vai celebrar na aula de informática do Fórum Carballo os días 27, 28, 31 de maio e 1 de xuño, de 10 a 12 horas.

Trátase dunha acción formativa dirixida preferentemente a usuarios/as do espazo de traballo colaborativo pero tamén aberta ao público xeral ata completar o aforo, fixado en 15 persoas.

As claves dun plan de marketing (obxectivos, estratexias e tácticas actuais máis empregadas), as diferentes fases de venda online, o posicionamento web ou o uso e manexo das redes sociais serán xunto coa creatividade gráfica dixital, serán os contidos principais que ofrecerá Jose Collazo, director e fundador da axencia carballesa A Meiga Márketing Dixtal e Deseño Web,.

Para inscribirse podedes facelo desde o 19 ata o 21 de maio ás 14.00 horas, cubrindo o formulario que atoparán no blog da web www.coworkingcarballo.gal).

Novas relacionadas

Comentarios