O Concello carballés revindica o aforro do novo sistema de alumeado público
Criticaba a pasada semana o PP discriminación na implantación do alumeado público de Carballo. Hoxe o Concello, lonxe de entrar en polémicas, defende unha renovación que supón un aforro de preto 80%.
I é que son 7.379 novas luminarias (de sistema LED) as renovadas no sistema de alumeado público do municipio, o que supón aproximadamente un 98 por cento do total.
Pendentes e reclamacións
Nestes momentos tan só está pendente a instalación nos lugares de Carballo de Arriba (Carballo) e Piñeiro (Entrecruces), por ser necesaria a renovación dos cadros de mando que rexen a iluminación, ao non contar coas garantías suficientes de seguridade co novo alumeado.
Respecto das reclamacións presentadas na casa consistorial, chegan a 160 (algunhas duplicadas), que supoñen o dous por cento de todas as luminarias do municipio. Entre as peticións, hai solicitudes de novos puntos de luz non existentes, reorientacións dos novos instalados ou propostas de supresión e reposición de puntos retirados. As demandas serán contestadas coa presentación a cada veciño ou veciña dun informe explicativo da situación de alumeado das zonas afectadas ao longo da primeira quincena do mes de outubro.
En canto ás incidencias recollidas polos distintos medios ofertados á cidanía carballesa a través da aplicación online AvisaWeb e do teléfono 902 350 365.
Novas relacionadas
- O PP denuncia discriminación na renovación do alumeado carballés.
- Carballo aforra un 80% no alumeado público.
- Carballo.gal: Carballo xa ten apelido galego en internet.
- Varias parroquias de Carballo estrean alumeado máis eficiente.