Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O FIOT bota a andar pensando no público infantil e lembrando a Pedro Brandariz

Pedro Brandariz bay Xabi Lopez
Pedro Brandariz bay Xabi Lopez
O FIOT bota a andar pensando no público infantil e lembrando a Pedro Brandariz

Este venres 30 de setembro arrinca a 31ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. O FIOT, unha das grandes referencias en todo o país, bota a andar unha edición na que a narración oral, a programación infantil e o recordo de Pedro Brandariz serán protagonistas.

Un FIOT que ademais une forzas con outros proxectos exitosos do Concello, como é o Derrubando Muros con Pintura, para seguir humanizando a vila e rendendo homenaxes:

Sería así o sábado o día no que a Rúa dos Contos, no Mercado, celebre a Gala Homenaxe a Pedro Brandariz, a quen se lle dedica esta edición do ciclo. Isabel Risco e Fran Rei presentarán unha gala na que participarán Izquierdo Sisters, Víctor Grande, Javi Sega, Caxoto, As fillas de Portaberta, Pablo Díaz, Se masca la comedia e Diana Sieira.

Os contos de William Shakespeare
Os contos de William Shakespeare

Pero antes, na tarde do venres comeza a programación especial para nenas e nenos co Fiotiño. A compañía galega Pedras de Cartón estreará a súa nova peza, ‘Os contos de William Shakespeare’, na Bibllioteca Rego da Balsa.
De seguido, ás 19.30 horas, será a quenda da primeira das funcións deste ano do ciclo Teatro de Rúa co malabarista Guillem Vizcaíno na Praza do Concello. Xa pola noite , ás 21:00h, o Casino 1889 acolle a estrea absoluta de ‘Patrón’, a nova peza de Alberte Montes. De seguido, contra ás 23.00 horas, a polifacética Marta Doviro abordará as ‘Memorias dunha rapasa da costa’, no que retrata o seu periplo polas distintas vilas nas que viviu para retratar o carismático carácter das súas xentes, curiosas vivencias e historias de piratas.

Teatro de Rúa - POI
POI estará o venres no Teatro de Rúa

O domingo 2 o mercado volverá gozar dunha sesión de contos, desta volta dirixidos ao público máis cativo, a través das voces do Colectivo NOGA, ás 12:30h con entrada libre.
A actividade da programación especial do Fiotiño desta fin de semana finalizará o domingo 2, ás 18.00 horas, coa estrea absoluta de ‘Wombo Combo’, unha coprodución do FIOT coa compañía carballesa Galeatro, e que se enmarca tamén na programación especial dirixida ao público infantil: Fiotiño.
Finalmente, a tarde do día 2 a Rúa dos Contos espallarase por tres localizacións diferentes. Ás 17.30 horas, Marta Iglesias ofrecerá un espectáculo humorístico de improvisación na residencia de maiores da Praza de Vigo. A cita será na Cafetería Valle-Inclán. O peche de programación desta primeira fin de semana do FIOT xornada virá da man de Vicente Mohedano, que presentará a súa creación ‘Habito Terra’, unha proposta na que mestura teatro, divulgación científica e humor para poñer en valor a importancia da comunidade, nun dos dous espectaculos que serán acompañados por unha intérprete en lingua de signos.

AXENDA FIOT - 30 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO

Venres 30 de setembro:
- 18.00 horas | Biblioteca Rego da Balsa: ‘Os contos de William Shakespeare’, de Pedras de Cartón (ESTREA ABSOLUTA)
- 19.30 horas | Praza do Concello: ‘Poi’, de Compañía D’es Tro.
- 21.00 horas | Castino 1889: ‘Patrón’, de Alberte Montes (ESTREA ABSOLUTA).
- 23.00 horas | Mesón do Pulpo: ‘Memorias dunha rapasa da costa’, de Marta Doviro.

Sábado 1 de outubro:
- 11.00 horas | Pazo da Cultura: Xornadas profesionais NOGA.
- 21.00 horas | Mercado municipal: Gala Homenaxe a Pedro Brandariz.
- 23.30 horas | O Patacón: Blues do País.

Domingo 2 de outubro:
- 12.30 horas | Mercado municipal: Gala NOGA de narración oral para público familiar.
- 17.30 horas | Residencia de maiores de Carballo: ‘3…2…1… Impro! (versión reducida)’, de Marta Iglesias.
- 18.00 horas | Pazo da Cultura: ‘Wombo Combo’, coprodución de Galeatro e FIOT (ESTREA ABSOLUTA).
- 20.00 horas | Cafetería Valle-Inclán: ‘3…2…1… Impro!’, de Marta Iglesias e Tito Rober.
- 22.00 horas | Casino 1889: ‘Habito Terra’, de Vicente Mohedano (Con intérprete de lingua de signos).

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios