![obradoiro-horto-ecoloxico-infantil-carballo]()
Os obradoiros desenvolveranse entre o 26 de xuño e o 28 de xullo
Comeza unha nova etapa para o
horto infantil ecolóxico de Carballo cos obradoiros de verán, que se celebrarán entre o 26 de xuño e o 28 de xullo para escolares de educación primaria e do 2º ciclo de educación infantil.
O
prazo de inscrición estará aberto dende hoxe e ata o 16 de xuño. A solicitude de praza debe facerse de maneira presencial nas instalacións do Horto Infantil Ecolóxico Municipal, na rúa Nardos, que estarán abertas de 16 a 20 horas. En función do número de anotacións estableceranse os horarios de celebración dos obradoiros, que, en todo caso, serán polas mañás e constarán de dúas sesións semanais de 90 minutos agás para os máis pequenos e pequenas (4º de Infantil), que asistirán a unha única sesión.
O Horto Infantil Ecolóxico Municipal - posto en marcha hai máis de tres anos - é unha iniciativa da concellería de Promoción Económica para poñer aos nenos e nenas en contacto coa natureza e a terra, poñer a disposición das familias unha ferramenta de apoio ao labor educador e formativo dos centros de ensino e converterse nun laboratorio de novas ideas e técnicas que fomenten o espírito emprendedor dende a infancia.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo