Martes. 19.03.2024
El tiempo

Operación Boltañón: 5 carballeses detidos por numerosos roubos con violencia

IMG-20200919-WA0017
Material incautado na casa dun dos detidos
Operación Boltañón: 5 carballeses detidos por numerosos roubos con violencia

Este pasado 16 de setembro a Garda Civil completaba a chamada Operación Boltañón coa detención de 5 carballeses.

A Operación vén de lonxe pois o Equipo Judicial da Garda Civil levaba dende o mes de xullo detrás dun grupo de sospeitosos de numerosos roubos nas caixas rexistradoras e recreativas (que abría con patas de cabra e mazas) de establecimentos hostaleiros das provincias de Lugo, Coruña e Pontevedra. Nalgunha ocasión foron sorprendidos polos propietarios, que acabaron sendo golpeado e mesmo rociados con gas pementa.

A piques estiveran de capturalos en agosto, cando realizaban un roubo con violencia en Vimianzo.  Pero os sospeitosos conseguían escapar arremetendo co seu vehículo contra os Gardas Civís, que tiveron que apartarse para non ser atropelado. Non foi está a única persecución protagonizada durante este mes, mentres avanzaba a operación.

A Garda Civil conseguía descubrir a vivenda dun dos sospeitosos, e artellou un operativo especial o pasado mércores 16 de setembro.  Os sospeitoso foron sorprendidos cando descargaban o botín acadado nos tres roubos desa noite.

Dous deles eran detidos nese momento e o terceiro escapaba no coche, pero era detido á mañá seguinte tras deixar tirado o coche e intentar agocharse nunha zona de bosque.

Posteriormente eran detidos dúas persoas máis vinculadas cos roubos, e facían un rexistro nunha vivenda incautando numerosos artiluxios usados durante os roubos.

Os 5 detidos son acusados de roubo con forza, roubo con violencia, furto, atentado contra a integridade dun axente, tenencia ilícita de armas, falsedade documental e pertenza a banda criminal (este cargo é o que permite envialos a prisión provisional).

Comentarios