xoves. 15.05.2025
El tiempo

Os escolares carballeses aprenden a necesidade racionar a auga

Os escolares carballeses aprenden a necesidade racionar a auga

Moitos xa non lembrarán, despois destes pasados 3-4 meses de chuvias, que vimos de sufrir unha das secas máis importantes da historia. Pero a necesidade de seguir aprendendo a coidar o noso líquido elemento segue vixente. Por iso, 235 escolares participarán estes días na campaña de sensibilización ambiental sobre a auga.

A campaña promovida pola empresa concesionaria do ciclo da auga, Gestagua, e o Concello de Carballo comezou nos centros de Gándara-Sofán e Bergantiños e ccontinuarán nos Fogar, A Cristina, Nétoma-Razo e Artai. Serán un total de 235 os escolares que se conciencien sobre o perigo que supoñen axentes contaminantes que utilizamos na nosa vida cotiá para a auga e para o medio ambiente.

A campaña vai dirixida ao alumnado de segundo curso de Primaria, e consiste nun concurso de debuxo co obxectivo de que os nenos e nenas plasmen nos seus debuxos a eses contaminantes, os “ruíns da auga”, a modo de monstros, para que saiban que cousas non poden tirarse polo inodoro porque contaminan a auga. Os nenos e nenas contarán coa axuda de dúas personaxes chamadas KO e OK, creadas especificamente para esta campaña, que servirán para que tomen conciencia da importancia que teñen para o medio ambiente as pequenas decisións cotiás.

En cada centro elixiranse 12 finalistas, que participarán nunha excursión, e haberá un gañador ou gañadora que levará un premio especial.

Fonte

  • Carballo.

Comentarios