Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os servizos municipais de Carballo contan con kits de adrenalina para tratar picaduras de avespa asiática

Os servizos municipais de Carballo contan con kits de adrenalina para tratar picaduras de avespa asiática
kit-vespa-velutina-carballo Os kits usaranse no caso de que sofran un shock anafiláctico como consecuencia da picadura dunha avespa Os tractores municipais que realizan os labores de roza, o vehículo empregado polos xardineiros municipais, o da brigada de medio ambiente e os da Policía Local e Protección Civil do concello de Carballo contarán entre o seu equipamento, a partir de agora, cunha dose de adrenalina inxectable en xiringa precargada e un aerosol contra velutinas. O obxectivo do concello carballés con esta medida é aumentar a protección dos/as traballadores/as, así coma facilitar o traballo dos servizos de seguridade no caso de que se atopen no seu labor diario cunha emerxencia relacionada con picaduras de avespas. O kit de adrenalina utilizarase no caso de que algunha persoa sufra un shock anafiláctico coma consecuencia da picadura dunha avespa. Deste xeito disporase dun tempo de marxe ata que a persoa afectada reciba asistencia sanitaria. Desde o servizo municipal de control de pragas insístese unha vez máis na conveniencia de extremar as medidas de precaución, sobre todo por parte das persoas que traballan nos sectores forestal e/ou agrario, xa que este ano estanse dando moitos casos de picaduras. Unha das causas é que as avespas cambiaron os seus hábitos e fixeron niños en lugares insospeitados, coma unha pedra ou un pé de millo, polo que é máis posible invadir o seu territorio e que respondan cun ataque. Por iso hai varios consellos que é convinte seguir. Antes de empezar a traballar débese realizar un recoñecemento da parcela para comprobar que non existen niños. É frecuente que aparezan entre as silveiras. No caso de que se atope un niño de velutina recoméndase non achegarse a el e menos tocarle xa que se sentirán atacadas. Neste caso débese chamar ao 012 ou ao 112 para que acudan a retiralo. No caso dun ataque débese fuxir o máis rápido posible e refuxiarse nalgún lugar pechado coma o coche así como protexer a cara e a parte de atrás do pescozo (teñen tendencia a picar nesa parte do corpo) e non facer movementos bruscos. Se a atacada é outra persoa non achegarse a ela e chamar rapidamente ao 112. No caso de ser alérxico débse levar sempre a medicación precisa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-vespas-velutinas-mudan-o-seu-modus-operandi/

Fonte

Comentarios