Venres. 26.04.2024
El tiempo

P.E. Pedrabante: O cuarto megaparque promovido polo Ministerio

Zona de Os Calvos onde vai o PE Pedrabante
Zona de Os Calvos
P.E. Pedrabante: O cuarto megaparque promovido polo Ministerio

Este sábado saberemos algo máis do Proxecto Eólico de Pedrabante da man das Xornadas Informativas da Coordinadora Bergantiñá en Defensa da Terra. Para ir cos deberes feitos, acodimos á Asociacion Petón do Lobo que vén de facer o estudo das características e de impacto deste megaparque, un dos catro proxectos aprobados dende o goberno central, ademais dos de Orzar, Tornado e Berdoias.

O P.E. Pedrabante, promovido por Iberdrola Renovables, consta de 20 aeroxeradores de 4,5 MW (de 145 m de diámetro de rotor e 107,5 de altura de buxe) situados nos Concellos de afecta Carballo, Tordoia, Val do Dubra e Trazo. Se ben as infraestruturas de evacuación enerxética tamén implican actuacións nos termos de Vimianzo, Ordes, Cerceda e Carral.
Os aerexeneradores distribuirantes en dúas zonas, a zona Norte, con 7 areoxeneradores situados en Carballo, e unha zona sur con 13 repartidos entre os outros 3 concellos.

Plano do Parque Eolico de Pedrabante
Mapa completo do PE Pedrabante

Zona norte do Parque Eolico de Pedrabante 1
Zona norte do Parque Eolico

Como vén sendo habitual, a entidade lamenta que non haia unha avaliación sobre o patrimonio cultural inmaterial, e sobre todo, que non haia unha Avaliación ambiental conxunta do novo Complexo Eólico da comarca.

Sen ir máis lonxe, Petón do Lobo atopa case que unha ducia de parques ao seu arredor que provocan unha “fragmentación severa dos hábitats e unha perda de biodiversidade moi significativa e con graves prexuizos ambientais”: En explotación xa se atopan os parques de Santa Comba e Vilarmartiño; hai outros xa construídos a piques de arrincar como o de Castelo e Pena Galluda; hai proxectos en tramitación como os de Bustelo, Campelo, Monte Toural, Pico Cedeira ou Vilartoxo; ou novas solicitudes aínda sen avaliar como o de Coto Loureiro.

Impactos

Entre os impactos máis directos, sinalan que non hai un estudo hidrolóxico que garanta a non afección a acuíferos e masas de auga.

Malia que o proxecto asegura que se respectaron as distancias de 500m a calquera núcleo de poboación e 200m a vivendas illadas, as entidades medioambientais denuncian un impacto visual severo en núcleos carballeses como O Campo, O Piñeiro da Alta, O Porto, Covo, Areosa, O Portopaio, A Corredoira, Lebosende, Vilachán, Caxín, Arganosa, Ferrol, O Meixonfrí, A Espanadeira, Baralla, Calvos, O Fieital, O Pereiro Vello, Alborín, Barbalde, Casal de Perros, Os Gomes, A Igrexa, O Outón, O Padreiro, A Braña de Arriba, San Cibrán de Cima, Alborís, Bouzanoqueira, Os Vilares, A Férveda e Sadurniño.

E tamén lamentan que zonas próximas que deben estar protexidas como a Lagoa de Alcaián (Coristanco), a Fervenza de San Paio ou a Ribeira da Pena (Carballo), e mesmo o Miradoiro de Monte Castelo (en Santa Comba) tamén sofran o impacto paisaxístico destes xigantes.

"O dano ambiental é inasumible”, conclúe Petón do Lobo que ofrece un modelo de alegacións á veciñanza.

Novas sobre eólicos

Comentarios