Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Parque Comercial A Revolta espera alcanzar as 600.000 visitas antes de fin de ano

Centro Comercial A Revolta
O Parque Comercial A Revolta espera alcanzar as 600.000 visitas antes de fin de ano

O Parque Comercial A Revolta de Carballo continúa afianzándose como un referente comercial da comarca. Aberto en maio, cada vez son máis os costeiros que evitan a peaxe da AG55 e cambian Marineda pola Revolta.

A idea que ten Pablo Polín, un dos inversores da comarca e coidadoso xerente do centro, é acabar acabar o 2023 con 600.000 visitas, contando máis 100.000 visitantes mensuais. Aquel primeiro luns de maio, con 1.700 visitas ofrecen unha visión esperanzadora, tendo en conta que as previsións de crecemento é triplicar a asistencia de aquí a 2-3 anos.

A día de hoxe o parque comercial está practicamente completo, con 18 negocios entre os que se atopan marcas como JYSC ou PEPCO que non hai na Coruña, e outros Arenal, Juguettos ou un gran Mercadona que é un reclamo en si mesmo. Bótase de menos esa oferta local de gastronomía ou comercial pero a realidade é que non houbo peticións a pesar dos descontos ofrecidos durante o proceso de concesión de espazos.

Centro Comercial A Revolta. 2

A que aínda non está aberta a zona de ocio infantil da marca DiverJump, con máis de 2.000 metros cadrados de colchonetas, piscinas de bolas… todo para poder deixar aos nenos pasalo ben mentres e fan as compras ou para celebrar un aniversario.

A nivel económico o parque crea 236 postos de traballo directos (só o Mcdonals creou 56 e aínda ten que activar o delivery), e 343 indirectos gracias ás súas salas de ventas de 8.000 metros cadrados.

A idea é realizar diferentes campañas en funcións das estacións e poder albergar no inverno unha pista de xeo, crear un campionato de futbolín por verán, albergar campionatos de xogos online… “Hai que fidelizar ao cliente con propostas novedosas”, sinala un activísimo Polín, que coida o espazo “coma se fose un neno”.

Recoñece que durante a longa xestión atopouse un “concello moi eficaz, con profesionais con alto traballadores de alto rendemento”, que lle axudou a superar as numerosas vicisitudes, e espera que a colaboración coas entidades deportivas e culturais locais sexan constantes.

Centro Comercial A Revolta. 3
O parque conta cunha ampla zona de aparcamento

Novas relacionadas

Comentarios