Sábado. 02.11.2024
El tiempo

A pasarela do Parque do Anllóns quedará operativa nos vindeiros días

Teñen que volver a licitar as obras de varios aparcamentos pola suba dos materiais
ponte_parque_anllons Carballo2
A pasarela do Parque do Anllóns quedará operativa nos vindeiros días

Máis de 2 anos levaba caída a ponte do parque do Anllóns, como preguntara en varias ocasións o PSdG. Esta semana comezaron os traballos de instalación da nova pasarela, que quedará operativa nos vindeiros días. Unha ponte de metal e formigón que solventa os problemas de accesibilidade e mantemento (a anterior era de madeira), polo risco de inundación do río Anllóns no lugar.

O proxexto tivo un custe de 43.974,03 euros, e máis de 2 anos de procedemento. A aprobación por parte de Augas chegou, de feito, o 28 de setembro do ano 2021, o que permitiu iniciar o procedemento de contratación das obras.

Lembran que ademais da ponte renovouse o palco da música e a rampla de acceso ao río.

 

Rretraso nas obras dos aparcamentos

25042022 aparcamento_lavadoiro (3)

A suba do material encareceu as obras de mellora de varios aparcamentos nun 22,54%, o que provocou que os concursos quedasen desertos, polo que a Xunta de Goberno decidiu sacar de novo a licitación os proxectos.

As actuacións están previstas nos seguintes espazos de aparcamento:

  • Pazo da Cultura: 2.250 metros cadrados.
  • Rúa Perú: 2.250 metros cadrados.
  • Rúa Río: 700 metros cadrados.
  • Fórum Carballo: 1.000 metros cadrados.
  • Depósitos de auga: 2.200 metros cadrados.

En todos os casos os traballos inclúen a explanación, sumidoiros, gavias e pavimentación con aglomerado.

Novas relacionadas

Comentarios