Xesús Deus Gende lanza o seu segundo libro

A finais de ano estréabase no mundo da literatura, e parece que lle colleu o gusto. O escritor, político e colaborador da revista cultural Nós – A xente do redor, Xesús Deus Gende, lanza ao mercado o seu segundo libro: O espertar dous monicreques.
Trátase dun volume composto por catro relatos e doce poemas cun lixeiro toque sensual. Nesta ocasión, será a editorial do poeta, escritor e fundador de Nós – A xente do redor, Avelino Jácome Iglesias, quen poña os puntos e as comas no seu sitio. «Será a editorial Andrómeda Senlleira quen se encargue deste novo libro. A excelente calidade das súas edicións, xunto cun trato humano inmellorable, fixo que me decidise a confiar este labor a dita editorial", unha colaboración que continuará cun novo traballo que pronto verá a luz".
"A realidade, por triste que sexa, é que cada día son máis as persoas que compran a través das diferentes plataformas web; a nova obra poderá adquirirse en Amazon en poucos días. Nin que dicir ten que admiro as librerías tradicionais, pois forman parte do comercio local de proximidade; por desgraza, por unha ou outra razón, as creacións literarias non sempre chegan a elas. Por iso é polo que opto de agora en diante por este tipo de publicación. Espero que a lectura resulte entretida, amena e satisfactoria para quen se mergulle no seu contido, por suposto, en galego", explica o autor.