Mércores. 21.02.2024
El tiempo

O PP carballés denuncia o mal estado de varios viais do Polígono de Bértoa

fochancas poligono bertoa
O PP carballés denuncia o mal estado de varios viais do Polígono de Bértoa

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Carballo, Rubén Lorenzo, denuncia o mal estado dos firme en varios viais do parque empresarial de Carballo, que presentan fochancas de diámetro e profundidade considerables.

Os populares consideran que “o grupo de goberno non pode obviar que, nos últimos anos, o parque empresarial de Carballo, situado na parroquia de Bértoa, viu incrementados de forma considerable tanto a súa frota de vehículos de empresa, como o número de usuarios que visitan o polígono cos seus coches particulares. Esta situación demanda un mantemento máis riguroso, polo que solicitan que se faga un seguimento periódico do estado do firme nos viais”.

Máis novas

Comentarios