Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo

O BNG lamenta que os Orzamentos da Xunta sempre chegan tarde para Carballo

Facía onte o BNG de Carballo unha valoración dos Orzamentos da Xunta para 2023. Unhas cifras que consideran "desilusionantes, insuficientes, irreais e fraudulentas", e que carecen de investimentos reais para "a segunda ampliación do polígono de Bértoa, que está esgotado"; para a circunvalación (certo que hai unha partida de medio millón para arrincar o proxecto), nin abastecemento de auga á costa, nin travesías. Por iso, “cando un carballés defende os orzamentos actuais da Xunta de Galicia, un non pode estar máis que decepcionado, porque non son, nin de lonxe, os orzamentos que Carballo precisa”, sinalou Evencio Ferrero.

Consideran dende o BNG que  dende que o PP chegou ao goberno da Xunta no 2009 "non só non se acometeron novos proxectos transformadores, senón que os que había quedaron esquecidos. “O que teñen que facer os gobernos é priorizar no seu momento para non chegar tarde ás grandes decisións, e o PP, ano tras ano, chega sempre tarde ás decisións que hai que tomar en Carballo”, lamenta o alcalde de Carballo.

Lembran que xa o goberno bipartito do 2005-2009 puña en marcha "proxectos que transformaron Carballo, como a ampliación do polígono industrial de Bértoa, a construción de tres grandes depuradoras, a urbanización da travesía da estrada de Malpica, a construción dun centro de día e dunha escola infantil, e mesmo no último ano do goberno compartido co PSOE había consignación nos orzamentos para a circunvalación ou o abastecemento de auga á costa".

 

Novas relacionadas

O BNG lamenta que os Orzamentos da Xunta sempre chegan tarde para Carballo