O goberno carballés propón sancionar á concesionaria do lixo polo incumprimento dos servizos mínimos

A folga do lixo en Carballo remataba esta semana cun seguemento total segundo o sindicato CIG. Se cadra, un seguemento de máis, xa que as inspeccións diarias realizadas pola Policía Local constatan o incumprimento dos servizos mínimos.
Ante esta situación, o grupo de goberno do BNG proporá ao pleno do 29 de xullo figura unha proposta do grupo de goberno para incoar o procedemento que permita, se procede, a imposición de penalidades á empresa concesionaria do servizo de recollida e xestión do lixo por “cumprimento defectuoso do contrato”. Segundo a proposta de acordo, o Concello de Carballo dará audiencia á sociedad UTE Carballo e á entidade bancaria avalista do contrato para que, no prazo establecido, presenten os documentos e/ou alegacións que consideren convenientes, en cuxo caso solicitarase o informe correspondente aos servizos técnicos municipais.
Segundo o prego de cláusulas administrativas do contrato asinado no ano 2012 entre o Concello e UTE Carballo, as faltas cometidas polo contratista penalizaranse con multas que abranguen desde os 600 euros, nos casos máis leves, ata os 300.000, nos máis graves.