As primeiras telefonistas de Carballo comparten as súas memorias no Casino1889

11:19 11/07/24
Este sábado, 13 de xullo o Casino 1889 de Carballo, acolle un singular acto cheo de historia e historias. Un grupo de mulleres que alá polos anos 70 traballaron como telefonistas na primeira central que a Compañía Telefónica Nacional de España tivo en Carballo ata o ano 1978, recuperarán a súa memoria compartindo historias e anécdotas así como a súa experiencia durante a primeira e única folga levada a cabo por estas valentes mulleres da nosa vila nos derradeiros anos da dictadura franquista.