O PXOM de Carballo xa está vixente dende hoxe


O DOG vén de facer pública hoxe a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo. Un documento que pon fin a unha etapa de incertidume urbanística e aporta seguridade xurídica para o crecemento inmediato do Concello. O Concello aínxa se rexía por unhas normas de planeamento do ano 1978, despois da anulación do PXOM de 2003.
Entre os puntos máis destacados, podemos sinalar que permitirá continuar coa recuperación da ribeira do río Anllóns e permítese a recuperación do litoral e reforzarase a posición estratéxica do municipio, como eixo empresarial a través da ampliación do polígono industrial de Bértoa.
Aseguran que “un urbanismo responsable é fundamental para calquera concello, posto que condiciona os recursos locais, o modelo de crecemento, a política de vivenda, a mobilidade e, en definitiva, a vida dos veciños e veciñas; e neste caso concreto, contribuirá a mellorar a calidade de vida dos máis de 31.000 veciños e veciñas de Carballo”.
Máis información
Novas relacionadas- 05-02-16: O PXOM de Carballo xa é unha realidade.
- 25-11-15: Carballo aproba o PXOM tras once anos de tramitación
- 16-11-15: O PXOM de Carballo podería aprobarse defintivamente antes de final de ano
- 27-10-15: O PXOM de Carballo dá un paso adiante.
- 07-07-15: A Xunta envía novas subsanacións para o PXOM de Carballo
- 12-03-15: Carballo acometerá mínimos retoques ao PXOM.
- 06-02-15: O Concello de Carballo ratifica que o PXOM conta con todos os informes de Augas de Galicia.
- 03-02-15: Carballo aprobou por unanimidade 30 quilos de de PXOM.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo