Ramón Loureiro, protagonista dos Sábados Literarios de Espiral Maior
- O Casino 1889 acolle unha palestra informativa sobre a obxección de conciencia e o dereito de insubmisión á guerra

O sábado, día 30 de abril, ás 12:00 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) un novo acto do ciclo “Sábados Literarios en Carballo”, no que, ademais de celebrar os 25 anos de literatura do escritor e xornalista Ramón Loureiro, se presentará a súa última novela, “Las máscaras del fin del mundo”, publicada por Medulia Editorial.
Participarán no acto, ademais do autor, a presidenta do Clube de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz; o escritor e director de Medulia Editorial, Xulio Valcárcel, e o tamén escritor e director de Espiral Maior Foro, Miguel Anxo Fernán Vello.
Ramón Loureiro (Fene, 1965), novelista e xornalista, Premio Julio Camba de Xornalismo, publicou a súa primeira novela, “Morgado” no ano 1997, á que lle seguiron “O corazón portugués” (2000) e “As galeras de Normandía” (2003), entre outras. O crítico literario Miguel García-Posada situou esta última obra de Ramón Loureiro “entre as obras mestras da literatura hispánica”. “Las máscaras del fin del mundo”, última obra editada do novelista fenés, contén unha mirada especialmente crítica coa sociedade do noso tempo e ao mesmo tempo reivindica o dereito aos soños e á liberdade.
Actividade no Casino
Igualmente, o sábado día 30 de abril terá lugar no Casino 1889 unha palestra informativa sobre a obxección de conciencia e o dereito de insubmisión á guerra, da man de Lidia Senra e Miguel Anxo Abraira, convidados polo colectivo Berro Seco. Será ás 19:30, con entrada libre ata completar aforo.
Novas relacionadas
- Venres de libros Baio, Santa Comba e Cee.
- Por que é o Día do Libro?.
- A Semana do Libro de Carballo volve a encher de cultura os centros educativos.
- A Praza dos Libros volve a Carballo este mes de xullo.
- O Espiral Maior Foro convírtese tamén nunha Galería de Arte
- Diana Varela estrea os “Sábados Literarios” de Espiral Maior Foro.
- Espiral Maior Foro pon en marcha un "Clube de Lectura”.
- Miguel Anxo Fernán Vello impartirá un curso de poesía no Espiral Maior Foro.