Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Razo énchese de vida nocturna cultural

Imaxe dunha saida nocturna con Habitat
Imaxe dunha saida nocturna con Habitat
Razo énchese de vida nocturna cultural

As actividades nocturnas na beira do mar reforzan o protagonismo das praias carballesas no mes de agosto. Teatro, andainas, cine e observacións astronómicas forman parte da oferta da que poderás desfrutar nos vindeiros días.

Algúns xa participaron na xornada de descuberta do mundo das bolboretas nocturnas que nos ofreceu o Grupo Naturalista Hábitat para pechar as actividades do mes de xullo do programa eu quero Razo-Baldaio, o mes de agosto chega con moitas outras propostas que estarán iluminadas pola lúa e as estrelas.

Así, este sábado 13 haberá dúas citas no espazo natural. No marco do Programa “Eu quero Razo-Baldaio”, celébrase unha Ruta nocturna, de 22.30 a 01.30 horas, con saída do Espazo da natureza de Oza da man da Asociación Ambiebal Senda Nova. As prazas están completas.

Paralelamente, ás 23:00h, chega á praia de Razo, a primeira das representacións desta temporada do proxecto “Naufraxios na Costa da Morte”, un proxecto da compañía costeira aAntena, que leva dende 2016 facendo representacións en lugares singulares da nosa comarca. Poden inscribrise en www.aantenasc.com.

Xa o mércores 17, no marco do Programa “Verán Cultural”, outra Noite de Cine, ás 2:00h na Pedra do Sal (Lema), con Jumanji, recomendada para maiores de 7 anos. Colabora a Asociación Cultural O Castro de Lema.

O sábado 19 volverá ver outra “Noite de astronomía”. Dende a Ponte de Baldaio, de 22:30 a 01:30h, e coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, moitas persoas poderán desfrutar da observación do ceo e recibir as nocións básicas de astronomía.

Novas relacionadas

Comentarios