O Rexenera Fest volve para seguir curando Carballo

Non sucumbe o Rexenera Fest ante nada. O Festival Internacional de Arte Pública de Carballo volve neste 2021 coas mesmas gañas de ”osixenar a mente” e de cambiarlle a cor a Carballo. Esta pioneira iniciativa municipal, que leva dende 2015 facendo que Carballo pase de ser un dos mellores exemplos de feismo urbanístico a converterse nun museo ao aire libre, chega cunha nova edición.
As datas serán do 3 ao 13 de xuño, e a proposta principal segue a ser a de contratar 5 muralistas de nivel internacional seguir aumentando o patrimonio mural da vila, e seguir curando a vila das feridas do ladrillo.
Os artistas escollidos son Marta Lapeña (Madrid), Mou de Mutante Creativo (o de Ordes, unha referencia no país, xa é parte da paisaxe carballesa), Franco Fasoli (Arxentina), Ana Langeheldt (Sevilla), Arantxa Recio ou Harsa Pati (Aragón), e Iván Floro ou Vann_Vuu (Barcelona).
De esquerda a dereita e de arriba abaixo, exemplos de murais de Marta Lapeña, Mou, Franco Fasoli, Ana Legenheldt, Harpa Pati e Iván Floro
Artigos relacionados
Novas do Rexenera
- Rexenera 20: Xosé Regueira, sobre o Rexenera Fest: "Necesitabamos osixenar a mente e a cultura é a mellor maneira de facelo”.
- Rexenera 2019: Así son os novos murais que enchen a Carballo de máis cor.
- 2019: A arte urbana segue reinventando a Carballo.
- Rexenera 2018: Carballo suma cinco novas obras de arte á súa galería ao aire libre.
- Rexenera 2017: O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo
- Rexenera 2017: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest
- Rexenera 2016: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- Rexenera 2015: Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre.