Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rueda insiste en Carballo na idea de “estabilidade e sentidiño”

Rueda en Carballo con Rubel Lorenzo PP 2023
Rueda con Rubén Lorenzo esta mañá en Carballo
Rueda insiste en Carballo na idea de “estabilidade e sentidiño”

Ata Carballo se desprazou o presidente da Xunta Alfonso Rueda para apoiar ao candidato popular Rubén Lorenzo no marco desta recta final da carreira das eleccións municipais de 2023.

Rueda Alfonso Rueda insistiu en que nestas eleccións municipais só hai dúas alternativas: “Ou modelo de estabilidade e sentidiño do PPdeG que queremos que siga nos concellos onde xa gobernamos e que chegue a moitos máis, ou o modelo do goberno de Pedro Sánchez nas súas diferentes variantes”, facendo referencia aos gobernos bipartitos co BNG pero traendo tamén a polémica de Bildu áos comicios locais galegos.

Lista PP Carballo 2023 con Riueda

O candidato á alcaldía aproveitou a visita do presidente para asegurar que “a nosa candidatura é a única alternativa de cambio para Carballo”, ao tempo que reivindicaba o seu desexo de devolverlle ao concello “a condición de cabeceira de comarca e locomotora da Costa da Morte que nunca debeu perder”.

Nun xesto simbólico, Rubén Lorenzo entregou ao líder dos populares galegos unha copia do seu programa electoral para demostrar que “aparte de equipo temos un programa para o Carballo que queremos e cun horizonte 2030”.

Outras novas do PP

Comentarios