Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O SAF carballés duplica o seu número de usuarios beneficiados nos últimos 5 anos

O SAF carballés duplica o seu número de usuarios beneficiados nos últimos 5 anos

Aprobou onte o pleno de Carballo o novo contrato de servizo externo do Servizo de Axuda no Fogar. Un dos plans máis caros que afrontan os concellos e que, no caso carballés, suporá un investimento de máis de 8 millóns de euros nos vindeiros 4 anos.

Un SAF que se vai adaptando á demanda da poboación, cada vez máis envellecida e soa. En 2016 eran 120 os usuarios beneficiados, e a día de hoxe son case 250, se ben en 2020 chegaron a ser 380 as persoas atendidas.

Carballo esfórzase por mellorar e que mesmo cubre cada baixa, por pequena que sexa, e as fins de semana co seu equipo de 13 persoas.

As cifras son moi altas: O Concello de Carballo prestou o ano pasado un total de 75.298,65 horas de SAF, o 88% para atender a 227 persoas dependentes.

A concelleira de Igualdade e Benestar insiste unha vez máis en que tanto as persoas que precisen a atención coma calquera veciño ou veciña que teña coñecemento dun caso no que poida ser precisa, poden chamar ao 981 704 706 para que o persoal de Servizos Sociais poida realizar un seguimento de cada caso.

Comentarios