O Salón de Actos do IES Alfredo Brañas será remodelado para o inicio do curso 23-24
09:13 05/11/22
17 meses pechado por mor dunha praga de caruncho, e varias visitas ao Parlamento foron necesarias para conseguir o compromiso da Xunta de Xunta de arranxar o salón de actos do IES Alfredo Brañas. Foi o secretario xeral técnico da Consellería de Educación o que, á outra pregunta do BNG, aseguraba que a infraestrutura ía estar arranxada para o inicio do curso 2023-24.
Vila anunciou que o proxecto está listo e que as obras sairán a licitación este mesmo mes, cun orzamento de 350.000 euros e un prazo de execución de tres meses. O BNG acadou tamén, tras moita insistencia, o compromiso do representante da Xunta de que o salón de actos estará dispoñible para o inicio do curso 2023-24.
Novas relacionadas
- Outubro 22: Volven a levar o lamentable estado do auditorio do IES Alfredo Brañas.
- Abril 22: A Xunta compromete 230.000 para a reforma do Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.
- Marzo 22: A Xunta arranxará o salón de actos do IES Alfredo Brañas “cando haxa dispoñibilidade orzamentaria”.
- Novembro 21: O BNG carballés esixe actuacións urxentes no esfolado Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.