Volven a levar o lamentable estado do auditorio do IES Alfredo Brañas
Pasa do ano dende que o BNG comezou a lanzar a alarma da necesidade de rehabilitalo, e se ben o pasado mes de abril a Xunta comprometía 350.000 a súa reforma, pasou o verán, estamos en pleno mes de outubro, e nada se sabe das obras.
De aí que o deputado Daniel Pérez volva levar o asunto ao Parlamento galego, xa que “no perfil do contratante da Xunta non figura aberto ningún procedemento relativo ao IES Alfredo Brañas, polo que entendemos que aínda non se contratou xa non a execución da obra, senón nin sequera a redacción do proxecto”, denundia o BNG.
”Nin ao dirección do centro nin á comunidade educativa ten novidade, polo que o BNG vai pedir que “o Parlamento de Galiza insta á Xunta a acometer de inmediato o arranxo integral do salón de actos e a realizar as actuacións necesarias nas fachadas para evitar o risco de desprendementos”.
Novas relacionadas
- Abril 22: A Xunta compromete 230.000 para a reforma do Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.
- Marzo 22: A Xunta arranxará o salón de actos do IES Alfredo Brañas “cando haxa dispoñibilidade orzamentaria”.
- Novembro 21: O BNG carballés esixe actuacións urxentes no esfolado Salón de Actos do IES Alfredo Brañas.