A Semana do Libro de Carballo leva a Xestal a 1.500 escolares
En marcha a 16ª edición da Semana do Libro e a Lectura de Carballo. Este ano recupera o seu formato habitual, na que chegará aos 1.500 nenos e nenas dos 9 centros escolares que participan na iniciativa, gracias á implicación do Concello e da coorganizadora Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
"Libros para xogar" é o lema desta edición que aproveita a celebración do Ano do Xestal, polo que “o relato oral ten un peso especial”, explicou Patricia Varela, animando a todas as familias a participar nas sesións da Biblioteca Rego da Balsa
En canto á programación, Varela destacou que Pakolas presentará en Carballo o seu novo disco e que Inventi Teatro estrea tamén a súa obra As palabras perdidas. O cartel inclúe teatro, maxia, música e o relato oral, nas voces de Celso Fernández Sanmartín, María da Pontragha, Vero Rilo e Caxoto.