Senda Nova empalma o Outono en Marcha coa Escola Ambiental

Non para a activa Asociación Senda Nova. A pasada fin de semana empalmaba dúas actividades xa senlleiras, pois a última saída da 9ª edición do Outono en marcha, case que coincidía co comezo da 9ª edición da Escola Ambiental.
O Monte Neme, baixo a néboa, “esa mesma néboa que forxa a personalidade propia dun país en humidade”, foi o escenario para a última excursión. Seguro que os aquelarres na Eira das Meigas tiñan un ambiente semellante. Ademais de lamentar o impacto do eucalipto na zona, os andantes disfrutaron de sendas curiosas. Van xa 56 andainas de outono e de 170 saídas de natureza nestes 9 anos.
Andaina polo Monte Neme
Paralelamente, o Espazo de Natureza de Oza abría a nova edición da Escola Ambiental. O primeiro grupo de nenos e nenas deste curso xa disfrutaron da primeira das 40 sesións programas neste o proxecto máis especial da asociación. Unha idea para desenvolver accións ao aire libre coas diferentes temáticas de ecoloxía, cultura e achegamento físico ao medio.
A entidade invita aos nenos e nenas de 3º e 6º de primaria dos colexios de Carballo a inscribirse en sendanova@hotmail.com ou nos teléfonos 611037617 611037614.
Novas sobre Senda Nova
- Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos.
- A Primavera en Ruta de Senda Nova: “Os obxectivos que parecían rebuscados fai uns anos, hoxe son conductas asumibles”.
- Evaristo Rodríguez Rial guiou aos sendeiristas de Senda Nova polos Camiños de Caión.
- Senda Nova abríu a Escola Ambiental e os roteiros da Primavera en Ruta.