Senda Nova segue Abrindo Camiño cunha nova edición da súa revista

13:02 22/09/20
Esta pasada fin de semana a entidade Senda Nova estreaba no Espazo da Natureza de Oza unha nova edición, a segunda, da revista Abrindo Camiño. Foron moitos os colaboradores que quixeron ver saír a revista, que foi ademais concebida en plena pandemia, e que conta con 40 páxinas.
Unha revista feita co esforzo, e a sabedoría, de numerosos colaboradores da entidade, e que afonda na importancia do rural, dos sectores primarios, as feiras, a escola rural… Repasa tamén a necesidade de coidar o territorio contra proxectos insostibles, e de respectar os lugares de especial interese ambiental e patrimonial.
A revista custa 1 euro e xa está dispoñible nos seguintes lugares:
- Taberna O Logradouro (Carballo)
- Libraría Teldi (Carballo)
- Libraría Punto e Coma (Carballo)
- Cervecería La Bombonera (Carballo)
- Centro social Gomes Gaioso (A Coruña)
- Casa Lino (Rus-Carballo).