Despois do seu paso por Cee, a mostra de caricaturas de Siro López sobre os 40 anos de Constitución recala agora no Pazo da Cultura Carballo, onde permanecerá ata o vindeiro 3 de febreiro. Unha exposición itinerante da Deputación na que a través de 117 caricaturas, Siro lembra algúns dos episodios máis destacables da Transición española, dende a morte de Franco ata a vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982
Entre os protagonistas da mostra figuran personaxes relevantes da época da Transición coma o Rey Juan Carlos, Adolfo Suárez, Calvo Sotelo, Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou Francisco Vázquez.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/cee-acolle-unha-historica-exposicion-de-siro-lopez/