Venres. 18.06.2021
El tiempo

Surf e natureza, entre as materias lectivas

Bautizo de mar do CEIP A Cristina Aprendendo Surf na Escola
Bautizo de mar do CEIP A Cristina
Surf e natureza, entre as materias lectivas

Continúa espallándose pola comarca o proxecto “Aprende a través do surfing”., Despois de percorrer vilas como Malpica, Camariñas, Cabana ou Laracha, leva varias semanas desenvolvéndose nos centros de ensino de Carballo, así como coas táboas en Razo.

Dende o mes de marzo, esta iniciativa da Federación Española de Surf e o colectivo Surf and Clean, coa colaboración do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, achega á rapazada valores como o respecto polo medio ambiente, a integración social, a protección da natureza, deporte ou benestar e todo grazas ao surf.

Participan os CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CEIP A Cristina e CEIP Xesús San Luís Romero sendo Boaola é a encargada do desenvolvemento do proxecto en Carballo.

Esta “experiencia moi divertida” aumenta a vinculación co mar das rapazada.

Aprendendo Surf na Escola de Carballo

Surfea Carballo

Precisamente, con esta perspectiva global do surf, o Concello desenvolveu durante os meses de abril e maio a iniciativa “Surfea Carballo” para convidar a todas as surfeiras e surfeiros ou a calquera persoa interesada en coñecer este deporte a pasar unha semana de surf gratis en Carballo. Así, xa que Carballo forma parte da candidatura conxunta da Costa da Morte para converterse en Reserva Mundial de Surf, dada a presenza no municipio de cinco escolas de surf.

Novo mural para o CEIP A Cristina

Mon Lendoiro e Cristina Castro retoman o proxecto de facer un mural sobre igualdade, nunha das paredes do pavillóns, no centro carballés.

Novas relacionadas

comentarios