Venres. 29.03.2024
El tiempo

O teatro volve percorrer as parroquias carballesas

Teatro en ruta 2022 Carballo
O teatro volve percorrer as parroquias carballesas

Volve o teatro ás parroquias de Carballo. Faino co programa Teatro en Ruta, que desenvolve o Concello xunto co grupo Vagalume Animación. A primeira cita será este sábado no centro social de Cances, onde poderemos ver a obra De profesión ladrón a partir das 20.00 horas. O espectáculo coincidirá coa celebración do magosto organizado pola asociación cultural San Campio, no que, ademais de castañas e moitas outras viandas, haberá baile co dúo Mar de Caión. 

A peza De profesión ladrón representarase tamén o sábado 19, ás 19.00 horas, no centro social de Imende. Con esta función remataremos, despois de dous meses de actividades, o programa Actívate no outono, organizado en colaboración co Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos.
O día anterior, o venres 18, tamén ás 19.00 horas, todas as persoas interesadas poderán asistir a un obradoiro de primeiros auxilios no fogar impartido polo xefe do Servizo Municipal de Protección Civil, Javier Souto. 

O domingo 20, en Oza, ás 19.00 horas, chega  aprimeira representación do espectáculo AIRBNB. Para quen non teña ocasión de velo ese día haberá unha segunda oportunidade o sábado 26, ás 19.00  horas, no centro social de Ardaña. Ao día seguinte, o domingo 27, o Teatro en Ruta chegará á Verdillo, tamén ás 19.00 horas, coa obra Historias de amor.            

O percorrido das actrices e dos actores de Vagalume polas nosas parroquias rematará o 11 de decembro no centro social de Sofán, no que volverán a representar, a partir das 19.00 horas, o espectáculo AIRBNB.

Ademais, entre as propostas teatrais que se poderán ver nas vindeiras semanas figura tamén a actuación da Aula de Teatro Municipal, que o 10 de decembro, ás 20.30 horas, ofrecerá no Pazo da Cultura unha nova serie das súas Pequenas escenas

Comentarios