Martes. 10.09.2024
El tiempo

Todos os grupos municipais deciden os criterios para o novo contrato da xestión das augas

Todos os grupos municipais deciden os criterios para o novo contrato da xestión das augas
Reunion sobre a concesion do auga no Concello de Carballo

Quedou pendente do pleno do luns un dos temas máis importantes, un dos temas que teñen que saír adiante co apoio da maioría de todos os membros da corporación (11 votos) e non pode ser aprobado por maioría simple. Falamos do “Contrato de xestión do servizo público por procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, baixo a modalidade de concesión, que ten por obxecto o ciclo integral da auga do Concello de Carballo”. Unha concesión que expira tras 30 anos, e que os voceiros dos grupos da oposición quixeron tratar nunha xuntanza específica.

Tiña lugar onte coa presencia dos voceiros de todos os grupos municipais da corporación, Xosé Regueira, do BNG, Miguel Ferreiro, do PP, Manuel Andrade, de TEGA e José Antonio Viña, do PSOE, presididos polo Alcalde, Evencio Ferrero, e coa presenza da Concelleira de Contratación, Milagros Lantes, e do Concelleiro do PP Juan Carlos Castro, ademais dos técnicos responsables da elaboración do expediente.

Varias modificacións

Despois de dúas horas de reunión, nas que se analizaron con detalle todos os aspectos recollidos no prego de condicións, con especial atención ás tarifas, ao canon da futura empresa adxudicataria e aos criterios empregados para realizar a adxudicación, acordouse realizar unha serie de modificacións no prego de condicións antes de volver a levar o asunto para a súa aprobación no pleno da corporación.

  • O primeiro cambio afectaría aos criterios de adxudicación, recibindo a proposta unha maior puntuación canto menor sexa o custo da tarifa final para os usuarios e usuarias.
  • En segundo lugar, acordouse modificar o reparto do canon da adxudicataria, que sempre será dun mínimo de 3,5 millóns de euros, é dicir que terá que aportar 1 millón de inicio e o resto nas 10 vindeiras anualidades.

Con Urxencia

Como o contrato expira o 31 de decembro, urxe convocar de inmediato unha comisión informativa para poder celebrar un pleno extraordinario da corporación e someter de novo para a súa aprobación o contrato de xestión integral do ciclo da auga.

O custe total por todo o período do servizo sería próximo aos 58.600.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios