Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un ferido leve nun accidente en Carballo

Un ferido leve nun accidente en Carballo
Accidente en Carballo

Eran case as 22:00h da noite do pasado luns 6 de marzo, cando se producía a saída de vía dun vehículo na Avenida de Bértoa, en Carballo. O vehículo foi bater contra unha “tagea” na beiravía e contra a parte baixa dun hórreo que hai nas proximidades da estrada. O único ocupante do vehículo saíu polo seu propio pé e foi trasladado pola ambulancia por precaución.<(p>

Os Bombeiros de Carballo procederon a asegurar o vehículo desconectando a batería e, unha vez que o guindaste o retirou, limpar os restos de aceite e cristais que quedaran na estrada.

Fonte

  • Bombeiros de Carballo.

Comentarios