Domingo. 21.07.2019
El tiempo

Os veciños sufocan, coa axuda dos Bombeiros, un incendio nunha cheminea de Carballo

Os veciños sufocan, coa axuda dos Bombeiros, un incendio nunha cheminea de Carballo

Esta tarde de venres, os Bombeiros de Carballo tiveron que achegarse ata o lugar de Ganduma, por un incendio que tiña lugar na cheminea do nº2 unha vivenda unifamiliar. Arredor das 19:00h chegaban os Bombeiros, pero antes a familia xa estaba a botarlle auga dende unha escada cunha mangueira de xardín, polo que xa sufocaran o forte das lapas, permitindo así que o lume non chegou a propagarse ao interior da vivenda e tampouco ocasionou danos persoais..

O cometido dos Bombeiros foi colocar un difusor no interior da cheminea para extinguir e refrixerar o seu interior.

Novas relacionadas

Comentarios